Ola a todas e todos!
O meu nome é Laura e son mestra de Pedagoxía Terapéutica en proceso (digo en proceso, porque actualmente estou opositando).
Creo este espazo, aínda non sei moi ben con que finalidade. Compartir información, ideas, reflexións, ou mesmo cuestións que me chamen a atención sobre a realidade educativa. En calquera caso, gustaríame aclarar que non son, nin de lonxe, unha experta e que se fago isto é, máis que para ensinar, para aprender eu mesma e mellorar.
Deste xeito, invítote a ti, lector ou lectora, a compartir ideas e dar a túa opinión cando che apeteza.
Co tempo irei subindo entradas, que espero sexan interesantes. Un saúdo,
Laura ;)